Prazas dispoñibles para os novos ‘Hubs de Activación da Empregabilidade’, da convocatoria con inicio o 18 de agosto de 2026, impulsados pola Fundación Santa María la Real.
Quedan prazas dispoñibles para participar nos novos ‘Hubs de Activación da Empregabilidade’ para a convocatoria de agosto 2026 – xaneiro 2027.
Esta iniciativa está impulsada pola Fundación Santa María la Real, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo Plus (FSE+), con cargo ao Programa estatal de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza (CCI 2021ES05SFPR003); e tamén coa cofinanciación da Xunta de Galicia.
O centro Hub de Galicia acollerá proxectos de cinco meses e medio de duración con sede na Coruña e Ferrol, e unha participación de ata un total de 80 persoas. O equipo e os participantes reuniranse varios días á semana de forma semipresencial.
Esta iniciativa, totalmente gratuita, facilita unha orientación actualizada a persoas en desemprego maiores de 18 anos. O programa estará guiado por especialistas e adaptado ás necesidades dos seus participantes, atendendo tamén á súa especial situación de vulnerabilidade.
As persoas participantes:
Contarán cun asesoramento de especialisras
Actualizarán o seu currículum
Ensairán entrevistas de traballo
Renovarán as súas competencias dixitais
Contactarán con empresas
As persoas interesadas poden apuntarse antes do 21 de agosto no seguinte formulario en liña https://hubsempleabilidad.com/inscribete/
Contacto do equipo técnico:
Marta García. Email: mgarcia@santamarialareal.org Teléfono: 621152991