📅
🧑‍💼0

Entrena Empleo Rural é un proxecto destinado a mulleres desempregadas de +18 anos de zonas rurais das catro provincias galegas.

Consiste en 2 sesións grupais online semanais, en horario de 09.30 a 12.30h dende o 14 de setembro ata o 15 de decembro de 2026. Ademais das sesións grupais, tamén se realizan sesións individuais segundo as necesidades de cada participante.  

Neste proxecto traballan coas mulleres en situación de desemprego para: 

• Promover o desenvolvemento de competencias transversais para o emprego.  

• Poñer en valor as competencias e capacidades adquiridas durante as etapas de coidados (de crianzas, maiores, fogar…) 

• Mellorar as habilidades dixitales e as competencias vinculadas á transición ecolóxica.  

• Fomentar o emprendemento no territorio rural.  

• Reforzar a autoestima, a xestión emocional e a creación de redes sociais e laborais no contexto da búsqueda de emprego.  

O proxecto consta de diferentes perfís técnicos para acompañar ás participantes na súa búsqueda de emprego: técnica de emprego, técnica de acompañamento dixital e técnica de intermediación.  

Se algunha muller interesada non pode comprometerse ás sesións grupais nese horario, tamén se podería establecer un itinerario personalizado para ela.  

As mulleres interesadas poden inscribirse no seguinte enlace👉Inscríbete – Galicia | Entrena Empleo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *