SEAGA informa da apertura de prazo para a actualización de méritos das persoas integrantes das listas previas, así como, para a incorporación de novas candidaturas, de acordo co establecido nas bases xerais para a selección de persoal temporal da empresa. O prazo permanecerá aberto dende o día 01/10/2026 ata o día 30/10/2026 e abrangue as seguintes categorías profesionais:
Arquitectura, Arquitectura Técnica, Bioloxía, Capataz, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Dereito, Económicas, Enxeñería Agrónoma, Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Enxeñería de Montes, Enxeñería Industrial, Enxeñería Técnica Agrícola, Enxeñería Técnica de Obras Públicas, Enxeñería Técnica Industrial, Enxeñería Técnica Forestal, Maquinista-condutor/a, Peón/peoa, Peón/peoa especialista, Técnico/a de Laboratorio e Xefe/a de Brigada
Resolución apertura listas SEAGA
Así mesmo, infórmase de que se publicaron as bases específicas para a selección e inscrición na nova categoría profesional de Enxeñería Informática, que se incorpora co obxectivo de dispoñer dunha lista de persoas candidatas para atender as necesidades actuais e futuras relacionadas con este ámbito profesional. Neste caso, o prazo de presentación comeza o día 01 de outubro e será de 15 días hábiles.
Bases específicas categoría profesional Enxeñería Informática