CONVOCATORIA DE PERSOAL: FORMACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO PARA A COBERTURA CON CARACTER TEMPORAL DO POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

📅
🧑‍💼1

O obxecto desta convocatoria é a creación dunha bolsa de emprego municipal para a cobertura, con carácter temporal, do posto/-s de traballo sinalados no encabezamento, nos que a súa cobertura se considere necesaria nos casos de vacantes, acumulación de tarefas, vacacións, baixas laborais, permisos, licenzas, etc do cadro de persoal. Características:

Posto: auxiliar administrativo/a

Grupo: C2

Titulación exixida: Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente

Nivel de Celga requirido: 3

Xornada: 100%. Retribución mensual bruta: a que corresponda segundo o posto a cubrir. Período de proba: 1 mes

Pódese consultar a información completa no seguinte enlace: Bases Bolsa de emprego Auxiliar Administrativo/a

Tanto as bases coma os seguintes anuncios desta convocatoria poden ser consultados na páxina web do concello (www.alaracha.gal) e/ou no taboleiro de anuncios da sede electrónica.

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *