A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) convoca as probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado galego de competencias dixitais – nivel Iniciación (ComDix-Iniciación).
Esta convocatoria foi aprobada mediante a Resolución do 27 de agosto de 2025 e publicada no DOG Núm. 174 do 10 de setembro de 2025.
- Datas e realización das probas
As probas celebraranse os días 29, 30 e 31 de outubro de 2025, nos centros CeMIT dispoñibles, segundo o calendario detallado no anexo II da resolución. - Itinerario formativo
Para facilitar a preparación das probas, ofrécese un programa de autoformación composto por 7 cursos online:
Empezamos! – Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
ComDix Iniciación I – Coñece a contorna dixital.
ComDix Iniciación II – Información dixital: buscar, seleccionar e gardar.
ComDix Iniciación III – Tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
ComDix Iniciación IV – Participa na sociedade dixital; vantaxes da administración electrónica.
ComDix Iniciación V – Crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.
ComDix Iniciación VIN – Atopa o benestar dixital: tecnoloxía con “sentido”.
Os contidos están dispoñibles permanentemente na plataforma de formación telemática: https://formacion-cemit.xunta.gal.
- Inscrición e prazos
Poden inscribirse persoas maiores de 16 anos a través da páxina web da Rede CeMIT: https://cemit.xunta.gal.
Previamente, é obrigatorio darse de alta como usuario/a na plataforma https://aulascemit.xunta.es/usuarios, utilizando un correo electrónico persoal.
Prazo de inscrición :dende o día 11 ata o 24 de setembro,ambos incluídos.
- Selección e sorteos
Se hai máis solicitudes que prazas dispoñibles, seleccionarase as persoas rexistradas a tempo mediante un sorteo público informático, seguindo a orde de rexistro. O número asignado a cada solicitude determinará a adxudicación da praza. - Publicación de listas e tramitación
Publicaranse as listas provisional e definitiva de admitidos/as e excluídos/as (e a lista de reservas) no sitio web da Rede CeMIT.
As persoas admitidas provisionalmente recibirán un correo electrónico confirmando a súa selección e dispoñerán de 10 días naturais para renunciar á praza ou presentar alegacións. A renuncia deberá facerse por correo electrónico a formacion-cemit@xunta.gal.
Tras este prazo, publicaranse as listas definitivas e abrirase un período extraordinario para cubrir prazas vacantes coas persoas que figuren nas listas de reserva.
As persoas interesadas, poden consultar información completa no seguinte enlace: Probas Comdix nivel inicial