CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DOS CERTIFICADOS DE LINGUA GALEGA,DOS NIVEIS CELGA 1,2,3 E 4

📅
🧑‍💼0

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia convoca probas para a obtención dos certificados de lingua galega , dos niveis Celga 1,2,3 e 4. Poderán presentarse todas as persoas maiors de dezaseis anos ou os que os fagan no ano natural da convocatoria, nacionais ou estranxeiras. As probas realizaranse en santiago de Compostela e en Ponferrada en maio e xuño de 2024.

As datas concretas publicaranse no Diario Oficial de Galicia, así como na páxina web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

As persoas que desexen inscribirse nas probas Celga deberán cubrir o formulario de solicitude, segundo o modelo PL500C, e aboar a taxa correspondente.

O prazo de presentación das solicitudes, así como o de pagamento da taxa correspondente aos dereitos de exame, será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (14 de marzo a 5 de abril de 2024).

A información da convocatoria pódese consultar no seguinte enlace: Convocatoria probas Celga 2024

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *