📅
🧑💼0
O concello da Laracha convoca proceso selectivo para a selección de persoal do equipo técnico do Obradoiro de emprego A Laracha X 2026,para o nomeamento de funcionarios interinos por programas temporais, para a realización de estes obradoiros do seguinte persoal:
- 1 director/a a xornada completa.
- 1 mestre/a para a especialidade “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes” a
xornada completa. - 1 mestre/a para a especialidade “Traballos de carpintería e moble” a xornada completa.
- 1 titor/a – formador/a de Educación Básica a xornada parcial.
- 1 Orientador/a – prospector/a a xornada parcial.
- 1 auxiliar administrativo/a a xornada completa.
Procedemento de selección: Concurso-oposición.
Prazo de presentación de solicitudes: 5 días dende o seguinte á publicación das bases no BOP. (Dende o 29 de maio ao 4 de xuño de 2026)
Pódese consultar a información completa das bases no seguinte enlace: Bases Equipo Técnico Obradoiro de Emprego A Laracha