Constitúe o obxecto das presentes bases a aprobación da convocatoria e a regulación do proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso-oposición de méritos para a selección de un PSX (persoal servizos xerais) por exceso ou acumulación de tarefas e a creación dunha bolsa de emprego para a cobertura, con carácter temporal, do posto/-s de traballo, nos que a súa cobertura se considere necesaria nos casos de vacantes, acumulación de tarefas, vacacións, baixas laborais, permisos, licenzas, etc do cadro de persoal tanto como persoal funcionario interino ou como persoal laboral temporal.
-Características do posto:
Posto: PSX
Tipo de contrato: funcionario/a interino/a por acumulación de tarefas
Grupo de clasificación: AP
Retribucións: SB: 659,44 €. CD: 366,76 €. CE: 409,10 €.
Titulación exixida: De acordo coa Disposición Adicional Sexta do EBEP, para os efectos desta convocatoria, para participar no proceso selectivo non se esixe estar en posesión de ningunha das titulacións previstas no sistema educativo.
Xornada: completa a xornada partida.
Nivel de Celga requirido: Celga 2
Período de proba: (1) mes, conforme ao disposto no artigo 24.2 do Texto Refundido da Lei de Emprego Público de Galicia e no artigo 14 do ET.
O horario será o establecido polo responsable de persoal, coa autorización do alcalde-presidente.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Dende o día16 ao 22 de setembro (ambos incluidos)
As persoas interesadas poden consultar máis información sobre as bases no seguinte enlace: Bases PSX