CONVOCATORIA LOCAL DE EMPREGO: 2 PEÓNS FORESTAIS (PROGRAMA APROL)

📅
🧑‍💼1

Sistema selección:concurso-oposición.

Características do Posto: Peón/peoas Aprol Rural

Tipo de relación: laboral temporal

Grupo: X

Titulación exixida: certificado de escolaridade ou equivalente

Nivel de Celga requirido: Celga 1

Período de contratación: 9 meses Xornada: completa (quendas de Luns a Domingo)

Retribución mensual bruta: 1.323,00 € (pagas extras incluídas)

Período de proba: 1 mes 

–REQUISITOS DOS ASPIRANTES.

Serán requisitos mínimos de tódolos aspirantes:

Ser persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e estar dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección como no da formalización do contrato de traballo.

* As persoas traballadoras que fosen contratados, por un período igual ou superior a nove meses con cargo ás axudas concedidas no ano 2023 pola Consellería de Emprego e Igualdade no ámbito de colaboración coas entidades locais e coas entidades sen ánimo de lucro, en materia de políticas activas de emprego, para a contratación de persoas traballadoras desempregadas, non poderán ser contratados con cargo ás axudas previstas nesta orde.

a) Ser español ou nacional doutro Estado, estes últimos, de acordo co disposto no artigo 57 do EBEP.

b) Ter cumpridos dezaseis (16) anos de idade e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

c) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade para o exercicio de funcións públicas de conformidade coa Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das Administracións Públicas. Idénticos requisitos seralles esixido aos nacionais dos demais estados membros da Unión Europea no seu caso.

e) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desempeño das correspondentes funcións.

f) Estar en posesión do Certificado de Estudos Primarios ou equivalente.

g) Segundo o artigo 51 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do emprego público de Galicia, para darlle cumprimento á normalización do idioma galego na administración pública, incluirase un exame de galego, agás para aqueles aspirantes que acrediten o coñecemento da lingua galega conforme a normativa vixente, mediante a presentación do certificado Celga 1 ou Iniciación á lingua galega (Requisito que deberá acreditar coa presentación da copia do mesmo).

Os requisitos anteriores deberanse reunir con referencia ao último día do prazo de presentación de instancias, e manterse durante todo o proceso selectivo.

PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS E ADMISIÓN DE ASPIRANTES.-

 

Segundo o previsto no artigo 14 da orde do 26 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego e mellora da empregabilidade no ámbito de colaboración coas entidades locais, os aspirantes demandantes de emprego no ocupados e preseleccionados para participar no proceso selectivo, polo Servizo Público de Emprego (Oficina de Emprego de Carballo), e que desexen continuar no proceso, deberán presentar unha instancia no prazo de 5 días hábiles a contar dende a data que conste a comunicación por parte do servizo público de emprego

Pódese obter máis información no seguinte enlace: Bases programa Aprol

Tanto as bases coma os seguintes anuncios desta convocatoria poden ser consultados na páxina web do concello (www.alaracha.gal)

Un comentario

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *