De acordo co Convenio de colaboración subscrito entre a Escola Galega de Administración Pública (en diante, EGAP) e o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (Issga) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación, convócanse cursos en materia de prevención de riscos laborais.
Poderán participar nesta actividade formativa: empregados/as públicos/as, traballadores/as por conta allea ou autónomos/as, traballadores/as designados/as e delegados/as de prevención, empresarios/as que asuman as funcións de prevención e aquelas persoas con inquedanzas no ámbito da prevención de riscos laborais.
O prazo de presentación de solicitudes será do 10 ao 20 de febreiro de 2026.
2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só se poderán realizar mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 9.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
A modalidade de impartición do curso é telemática. (Exame incluido)
Pódese consultar información completa no seguinte enlace: Curso Básico PRL
Tamén figura información sobre o curso no apartado de formación da web do ISSGA: Formación PRL ISSGA