GIRA MUJERES RURALTALKS, PROXECTO PARA PARA MULLERES QUE QUEIRAN OU ESTÉN APRENDENDO NO MUNDO RURAL

📅
🧑‍💼0

Dende AlmaNatura, van levar a cabo unha iniciativa  as próximas semanas. Trátase da XIRA MULLERES RURAL TALKS, proxecto impulsado por Coca-Cola co propósito de xerar un  espazo de encontro para mulleres de zonas rurais que buscan inspiración, contactos e ideas para emprender e/ou fortalecer os seus modelos de negocio.

 

O primeiro encontro terá lugar o próximo xoves 25 de abril de 11:00 a 12:30 h. no Castelo de Vimianzo (A Coruña).A idea é poder ofrecer un ambente único onde as participantes encontren a inspiración, as conexións e o  apoio necesario para facer crecer  os seus negocios, ideas e, sobre todo, a súa motivación.

 

No seguinte enlace pódese consultar  o programa da xornada: Programa xornada

As persoas interesadas poden facer a inscrición no seguinte enlace: Inscrición Ruraltalks

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *