PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE 18 ANOS

📅
🧑‍💼0

A Dirección Xeral de Formación Profesional, convoca as probas para a obtención do título
de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito
anos nas convocatorias de marzo e xuño (código de procedimiento ED540A).

A proba ten por finalidade verificar si se alcanzaron os obxectivos da etapa establecidos na Orde de 2 de octubre de 2024 pola que se regula a educación básica para persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

CONVOCATORIAS

Convocatoria de marzo: a proba terá lugar o día 27 de marzo de 2026

Convocatoria de xuño: a proba terá lugar o día 5 de xuño de 2026.

LUGARES DE REALIZACIÓN DAS PROBAS

Constituiranse sedes para a realización da proba nas seguintes localidades: A
Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra y Vigo.

PRAZO,FORMA E LUGAR DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE INSCRICIÓN

O prazo de presentación de solicitudes de inscrición na proba será:
a) Para a convocatoria de marzo: do 26 de xaneiro ao 6 de febrero de 2026, ambos incluidos.
b) Para a convocatoria de xuño: do 7 ao 17 de abril de 2026, ambos incluidos.

As personas matriculadas para a primera convocatoria que non superen a totalidade dos ámbitos da proba consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sin
que teñan que presentar nova documentación.

Debido á imposibilidade funcional para a presentación electrónica das solicitudes
nos centros educativos, as solicitudes de inscrición (anexo I) deberán presentarse
presencialmente nos centros educativos sinalados ou
en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedimento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede
electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, dirixido á Dirección Xeral de
Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Pódese consultar información completa no seguinte enlace: Probas ESO maiores de 18

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *