CAMPAÑA DE APOIO AO COMERCIO LOCAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

📅
🧑‍💼0

A Deputación da Coruña convoca o Programa de apoio ao comercio local cuxo obxectivo é incentivar a demanda comercial, axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.
Ademais, o programa ten como finalidade propiciar o fortalecemento do sector comercial da Provincia da Coruña naqueles concellos de menor poboación, dinamizar a actividade comercial promovendo as compras de bens en comercios de proximidade.

Para máis información pódense consultar as bases no seguinte enlace:

Bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, do programa provincial de apoio ao comercio local nos concellos da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes

A páxina para adhesión dos comercios, así como para a descarga dos bonos dos clientes é a seguinte:

mercanavila.gal

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *