A Dirección Xeral de Xuventude, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, pon en marcha esta iniciativa que ten a finalidade de achegar ao territorio rural galego recursos, ferramentas e oportunidades para favorecer o emprendemento, a empregabilidade e o desenvolvemento profesional da mocidade e das mulleres mediante un modelo participativo e de proximidade.
A través dunha campaña de promoción itinerante , percorrerán distintos concellos de Galicia ofrecendo experiencias participativas, microasesoramentos personalizados e accións de dinamización dirixidas á mocidade. Ademais, complementa esta intervención cun programa de formación en liña e culmina coa participación no evento Xuventude na Onda, un espazo de encontro , aprendizaxe e intercambio de experiencias.
O programa está dirixido principalmente á mocidade e ás mulleres do rural galego.
A primeira actuación no ámbito deste programa desenvolverase en Ribadavia do 24 ao 27 de setembro: «CanteirIA: Programa de IA e emprendemento para a mocidade galega». O prazo de inscrición das persoas interesadas remata o 16 de agosto. Publícase folleto informativo.
MÁIS INFORMACIÓN EN:
Desafíos Jovens | Dirección Xeral de Xuventude
INSCRÍBETE EN:
CanteirIA: Programa de IA e emprendemento para a mocidade galega | APUNTA