CONVOCATORIA DE SELECCIÓN DE PERSOAL: DÚAS PRAZAS DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO/A

📅
🧑‍💼0

O concello da Laracha publicou as bases para a convocatoria e o proceso selectivo a través do procedemento de oposición libre, para a cobertura en propiedade de 2 prazas de funcionario/a de carreira AuxiliarAdministrativo/a, correspondente ao Grupo C, Subgrupo C2, nivel 16 de CD, encadradas na escala de administración xeral,subescala auxiliar incluídas na oferta de emprego público do ano 2026 do Concello da Laracha (código RPT 01.01.00.01 e 01.02.00.02), publicada no BOP de A Coruña núm. 115 do 19.06.2026.

CARACTERÍSTICAS DAS PRAZAS CONVOCADAS.
Clase de persoal: funcionario/a de carreira.
Denominación: Auxiliar Administrativo/a.
Número de prazas convocadas: 2
Clasificación: Escala de administración xeral, subescala auxiliar. Grupo C, Subgrupo C2, Nivel 16 CD.
Retribucións: as establecidas na RPT e no orzamento municipal.
Xornada de traballo: completa.
As principais funcións das prazas son as dispostas na relación de postos de traballo do Concello da Laracha:
-Prestar tarefas de apoio administrativo, responsabilizándose daquelas xestións administrativas sinxelas que se lle
encomenden.
-Asumir a responsabilidade da clasificación e arquivo de documentos e expedientes.
-Levar a cabo actividades administrativas elementais, con arranxo ás instrucións recibidas ou normas existentes.
-Realizar tarefas de atención ao público en xeral
-Colaborar na conformación e seguimento dos trámites administrativos dos expedientes.
-Calquera outra, correspondente á súa categoría, e propia do departamento ou unidade.
SISTEMA DE SELECCIÓN.
O sistema de selección é o de oposición, en quenda libre.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Pendente de publicación no BOE. O prazo será de vinte (20) días hábiles, contados a partir
do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pódese consultar a información completa das bases no seguinte enlace: Bases 2 prazas Auxiliar Administrativo/a A Laracha