O concello da Laracha convoca proceso selectivo para a selección do alumnado traballador do obradoiro de emprego A Laracha X 2026.
O obradoiro terá una duración de nove meses e formará a 20 alumnos/as traballadores/as, nas
seguintes especialidades:
-AGAO0208 Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (10 persoas)
-MAMD0209 Traballos de Carpintería e moble (10 persoas)
Poden participar no proceso selectivo as persoas que sexan previamente convocadas pola correspondente oficina de emprego.
A duración é de 9 meses. Dende o inicio da súa participación no obradoiro de emprego, os/as alumnos/as – traballadores/as seleccionados/as serán contratados/as pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, a xornada completa.
PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.
O sistema de admisión será mediante a presentación da correspondente oferta de emprego (tipo T)que será tramitada ante a o Servizo Público de Emprego de Galicia (Oficina de Emprego de
Carballo), ó amparo do previsto no Artigo 11 da citada orde.
Concluída a sondaxe, a oficina de emprego realizará a comunicación das persoas preseleccionadas
mediante citacións, na que, previamente acordado entre ela e o Concello se fixará o lugar, data e
hora de realización da proba de selección.
Unha vez recibida a citación da oficina de emprego, os/as aspirantes disporán dun prazo de 3 DÍAS HÁBILES para presentar as solicitudes para tomar parte no proceso dirixidas ao Sr. Alcalde deste Concello, e presentaranse na sede electrónica do Concello https://sede.alaracha.gal ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Pódese consultar a información completa da convocatoria no seguinte enlace: Bases selección alumnos/as obradoiro