O concello da Laracha ten aberta a convocatoria para a selección de 6 peóns de limpeza de praias.
CARACTERÍSTICAS DO POSTO:
Posto: Peón de limpeza de praias
Tipo de relación: laboral temporal
Grupo: X
Titulación exixida: certificado de escolaridade ou equivalente
Nivel de Celga requirido: Celga 1
Período de contratación: 89 días Xornada: 30h semanais
Retribución mensual bruta: 992,25 € (pagas extras incluídas)
Período de proba: 1 mes
FUNCIÓNS DO POSTO
As funcións e tarefas a desempeñar serán as de a limpeza e mantemento dos areais da praia de Caión, ás súas instalacións para mantelas en perfecto estado para o uso por parte dos bañistas, así como as vías, rúas e xardíns de acceso, debendo empregar diferentes ferramentas e equipos de limpeza e mantemento.
SISTEMA DE SELECCIÓN: Concurso-oposición
Pódese consultar máis información nas bases, dispoñibles no seguinte enlace: Bases peón de limpeza de praias
Tanto as bases como calquera outra nova relacionada con esta convocatoria van a estar dispoñibles na páxina web do concello , no apartado de últimos avisos ou non taboleiro de anuncios da sede electrónica.