O concello da Laracha convoca proceso selectivo, mediante o procedemento de concurso-oposición dun Xefe de Brigada temporal de prevención e defensa contra incendios para o ano 2026. Realizarase tamén unha bolsa de reserva para cubrir posibles baixas, renuncias, vacacións, etc.
Características do posto de xefe de brigada de incendios para o 2026
· 1 Xefe de brigada
· Duración: Tres meses
· Xornada: 100%
· Modalidade contractual: contrato laboral temporal por circunstancias imprevisibles, cun período de proba de 15
días, segundo o previsto no art. 15.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba
o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
Prazo para a presentación de solicitudes: Ata o día 13/07/2026
Pódese consultar a información completa das bases no seguinte enlace: Bases Xefe/a Brigada de Incendios