Dende o GALP (Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro) Costa da Morte organizan un encontro informativo de “Feito co Mar”, que vai ter lugar na Casa da Cultura da Laracha o vindeiro luns 23 de novembro. O obxectivo é dar a coñecer os Viveiros Formativos que se van celebrar en 2027, con dous programas, un de iniciación e outro de profesionalización, orientados a persoas que queiran emprender coa transformación do produto pesqueiro.
As persoas asistentes a estes encontros informativos previos poderán:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a súa praza nos Viveiros.
📍 Onde: A Laracha. Casa da Cultura (Rúa Manuel Murguía, s/n)
📅 Cando: Luns 23 de novembro ás 12:30
ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar
Correo: info@feitocomar.gal
Teléfono: 627 570 950
