FEIRA DE EMPREGO SINERXIAS, NO POLGONO DE CARBALLO

📅
🧑‍💼0

O vindeiro venres día 19/04/2024 vai  ter lugar en carballo a Feira de emprego Sinerxias, organizada pola comunidade de propietarios do parque empresarial do polígono de Bertoa en colaboración co concello de Carballo.

Trátase  dun espazo de encontro entre as empresas, os centros de formación e os demandantes de emprego, co obxectivo de aliñar as necesidades e as expectativas dos tres actores crave do mercado laboral da zona.

A cita será  nas instalacións do Centro Social de Bértoa, a moi poucos metros da sede empresarial. Participarán máis de 25 entidades relacionadas co mundo laboral: empresas, centros de formación, fundacións, Administracións públicas, centros especiais de emprego, e outras.

En paralelo vaise desenvolver un programa de charlas e mesas redondas que abordaran distintos aspectos relevantes sobre la xestión do talento, a formación dispoñible no territorio ou o futuro empresarial da zona.

 O acceso é libre e non hai que facer inscrición previa.

No seguinte enlace figura o programa da xornada: Programa Sinerxias

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *